Find out the latest indie author news. For FREE.

ADVERTISEMENT

Análise da Sociedade Galega
Esta obra quere aportar unha imaxe da sociedade galega como entidade propia, coas súas relacións e comportamentos como colectivo, coas súas características sociais, cos seus feitos máis suliñables e, tamén, con seus defectos e virtudes como parte integrante da realidade social da que forma parte, ou mesmo facendo alusión ao seu espíritu común que, segundo Otero Pedrayo, é unha das nosas mellores e máis significativas señais á hora de identificar a este pobo.
News
01/14/2010
Xosé Gabriel Vázquez ensaia sobre a situación de Galicia no libro «Análise

Unha sociedade diante da consulta dun médico. Esta é unha das imaxes que ofrece o libro do sociólogo Xosé Gabriel Vázquez para explicar como quere contar a situación de Galicia. Galicia auscultada por un sociólogo como «un construto máis dos que integran a sociedade», referíndose a ela como «un ser vivo e diferenciado, coas súas interaccións e evolucións», esquivando as visións parciais que só interpretan historia, economía ou paisaxe.

Análise da sociedade galega é o título do volume de Xosé Gabriel Vázquez no que se repasan dende unha perspectiva de conxunto moitos dos aspectos que, de xeito cotián, son analizados un por un.

Deste xeito aparecen estudadas as circunstancias laborais e económicas dos galegos, pero tamén algunhas das interpretacións literarias sobre o país e tamén os elementos tópicos que en ocasións se incorporan aos estudos e as opinións sobre Galicia.

Non se esquiva no volume unha contextualización histórica que o mesmo ten en conta o reino suevo de Galicia que o pasado máis inmediato, do mesmo xeito que se estudan as circunstancias económicas. Deste xeito e, segundo Xosé Gabriel Vázquez, cando alguén observa unha fotografía pode mirala dende moitos puntos de vista, pero o punto de vista empregado para este libro é o «un equipo investigador ou observador que interactúa co seu obxecto de análise, que neste caso é a sociedade galega».

ADVERTISEMENT

Loading...